Volver ao Universal. No Grupo Silabario seguimos medrando coa mesma filosofía de sempre: o respecto polo produto galego e o gusto por xuntar á xente arredor dunha boa mesa. Baixo a dirección de Goretti Álvarez e co selo na cociña de Alberto G. Prelcic, iniciamos un novo proxecto en Vigo coa apertura do Universal (Rúa de Cánovas del Castillo, 28).
O Universal non é un restaurante máis; é unha evolución na nosa proposta. Este espazo, integrado no histórico hotel, transfórmase por completo para abrir de par en par as súas ventás á ría e a toda a cidadanía. Un punto de encontro onde compartir un formato culinario moi dinámico: racións pensadas para situar no centro da mesa e gozar sen présas, trasladando o rigor de Silabario a unha cociña máis informal e directa.
O renacemento dunha terraza mítica
Pero a gran novidade desta apertura é a recuperación dun anaco da historia de Vigo. Despois de moitos anos sen actividade, volvemos dar uso e vida á icónica terraza de Montero Ríos.
Queremos que a terraza do Universal volva ser ese punto de encontro vibrante que sempre formou parte da memoria da cidade. O escenario perfecto para un "tardeo" fronte á ría, onde saborear a nosa carta de coctelería ou compartir unhas racións mentres desfrutamos do ritmo e a vida de Vigo.
Hai lugares que gardan parte da memoria dunha cidade, pero a historia non se detén: recupérase. Co Universal, o Grupo Silabario medra coa ilusión de ofrecer un refuxio onde crear novos recordos compartidos.
As ventás xa están abertas. A terraza volve latexar.
Agardámoste no Universal!
Un restaurante distinguido cunha Estrela Michelin e un Sol Repsol, situado na cúpula do emblemático edificio do RC Celta, que ofrece catro experiencias gastronómicas diferenciadas.
O menú Berbés é unha proposta semanal de cociña de mercado, dispoñible de martes a venres, pensada para gozar dun xantar equilibrado e reconfortante sen renunciar á calidade. Renóvase cada semana e ofrece dúas opcións para elixir.
Completan a oferta tres menús degustación imprescindibles para descubrir a cociña de Alberto G. Prelcic: Tempo, Raíces e Solaina. Tempo é unha interpretación fresca, directa e estacional da cociña de tempada. Raíces propón unha experiencia máis profunda e intensa, que permite explorar todos os matices da súa cociña de autor. Pola súa banda, Solaina afonda nos produtos máis singulares e excepcionais da nosa contorna, nun percorrido gastronómico que rende homenaxe ao territorio.
Un lugar histórico e emblemático onde gozar de contido cultural, didáctico e artístico durante todo o ano, pero tamén un espazo único, diferente e adaptable para organizar o teu evento de empresa, charla, concerto…
Tel. 986 077 363 | eventos@restaurantesilabario.com
Silabario Gastronomía é un grupo de restauración que reúne dous establecementos en Vigo: "Silabario, A Sede" restaurante de referencia distinguido cunha Estrela Michelin e un Sol Repsol; e o novo café-restaurante Universal.